E hai épocas pensadas para ese tipo de momentos heroicos. nesta novela, a autora repasa un momento da nosa historia que é moito máis ca a construción dun túnel ou o furado brutal dunha montaña brutal. sobre todo, é unha historia sobre a nosa historia, sobre os nosos devanceiros que foron esmagados por un imperio, o romano, ao que pouco lle importaban as xentes de galicia máis que como man de obra á que escravizar. pero malia a situación, sempre hai quen se rebela, sempre hai quen pelexa pola súa liberdade. unha viaxe pola galicia de hai moitos séculos. pero tamén pola roma imperial e grande que, tamen, puxo as súas gadoupas na nosa terra.
