É inverno, a neve cae sobre múnic e clara atópase perdida. sen comprender moi ben como, errou o camiño que a levaba a converterse nunha brillante adestradora canina no seu lugo natal e rematou alá, nun banco conxelado do englischer garten. todo por aquilo que a xente denominaba «amor». mais, que era o amor a fin de contas? era aquilo que estaba vivindo ou a posibilidade de algo diferente? desde a domesticación ata a liberación salvaxe, clara tentará, facendo o camiño inverso do can ao lobo, reconstruírse para reconstruír o mundo que a rodea. un proceso no que non avanzará soa: gaia, mk, aurora, saínza e unha morea de cans marcarán un camiño no que amar non consista nos soños que nos venden e se centre en desatar o salvaxe; en atopar a manda. esta nova entrega do ciclo dos elementos explora os límites do amor, do arraigamento e da nosa capacidade para crear mandas que nos protexan no día a día dos afectos.
