E un libro dvd con dúas realidades e un único obxectivo. a primeira realidade está na pantalla, da man do interesante documental de gonzalo veloso; onde a familia, os amigos, os compañeiros de profesión e as investigadoras miran baixo o chapeu negro para relatar quen era en realidade roberto vidal bolaño, amosando unha singular visión que, sen dúbida, axudará a comprender mellor a súa obra. a segunda realidade está no libro, no texto escrito por montse pena presas, que tenta desvelar que hai detrás do nariz de pallaso, achegando dun xeito lúdico e rigoroso as caractarísticas principais da produción do dramaturgo, sen esquecer o director de escena. imaxe e palabra fúndense para conseguir que calquera lectora, calquer espectador, remate o dvd e peche o volume pensando, unicamente, en mergullarse nas pezas dramáticas de roberto vidal bolaño. dende o patio de butacas ou a través dun libro. porque o teatro achega, tamén, esas dúas máxicas posibilidades.tras os pasos de roberto vidal bolaño
