E posible un riso libertario que rache coa gaiola de ferro? esa é a pregunta invisible que percorre este libro. o entroido da revolta daquela toma corpo. un océano de risas contra a reixa de ferro. e posible acadar unha revolta de risos? chegar ata o gran riso? onde está o cronotopo da revolta? instantes poéticos a escintilar, breves configuracións de palabras ingrávidas, secuencia de relampos sensoriais, baile tipográfico, escrita inzada de imaxes e condensacións a xeito de ideogramas poéticos sobre a páxina en branco. existe un adn da ironía? esa é a tese deste libro. a poesía como creación dun sentido outro, subversión e loita sensorial. unha multitude derrubando o poder cun entroido de risos.
